Copa deputación de Ourense 2022

Copa deputación de Ourense 2022

En este momento estás viendo Copa deputación de Ourense 2022


Asunto: 13o EDICIÓN COPA DEPUTACIÓN OURENSE 2022 Lugar: Pavillón municipal do Irixo

Ponte, 54 32530 O Irixo (Ourense)

Horarios: 08.150 h Recepción de equipos e pesaxe. 08.45 h Desfile e inicio da competición

12.30 h Disputa das finais de cada categoría 14.30 h Entrega de premios aos participantes.

Estimadas/os federadas/os:

Data: 8 de outubro 2022.

Circular federativa no18/2022_ 13o Copa Deputación Ourense 2022

Mediante a presente circular dáselle traslado a tódolos clubs da FGKM, da celebración da fase final da 13a edición da COPA DEPUTACION DE OURENSE. O evento levarase a cabo no Pavillón Municipal de O Irixo (Ourense), o próximo día 8 de outubro, coincidindo ca celebración do 2o Trofeo marca IRIXO.

O evento realizarase con dúas partes diferenciadas, nas cales os deportistas poderán participar inscribíndose a través dos clubs os que pertencen, no formato de competición, nas probas de POINTFIGHTING, LIGHT CONTACT e KICKLIGHT, tanto en feminino coma en masculino. Por outro lado, poderán participar tamén no formato de exhibición, nas probas de FORMAS (libres –Musicais), KICKBOXING INCLUSIVO e MOCKCOMBAT.

Tódolos deportistas interesados en participar deberán estar en posesión da licenza anual federativa do ano en curso. As inscricións na devandita actividade terá un custo para os participantes de 10€/1proba, 15€ /2probas, 20€ /3probas.

Os clubs interesados deberán de formalizar a súas inscricións a través do panel de xestión da federación, procurando a actividade referida.

O Prazo de inscrición finalizará o día 23 de setembro ás 14h. Non serán admitidas inscricións incompletas ou fora de prazo.

O que se remite a tódolos clubes deportivos da federación para o seu coñecemento.

Viana do Bolo, 06 de Setembro de 2022. SECRETARIO C.X. FGKM

Compartir es alegría, alégrate el dia:

Deja una respuesta